25/12/2016

Vigo Motor

No vídeo cada movemento de cámara é un bache que repercute no ciclousuario...



As festas gastronómicas proliferan como as "tapas" na cidade olívica.

Hoxe imos falar desas outras tapas, que poden facer moito daño ao ciclista que é capaz de aventurarse en bicicleta por Vigo. Aínda hai moitos conductores que ignoran que o código da circulación permítelles pisar a liña contínua para adiantar a un ciclista, e claro, como temen máis a multa que romperlle a crisma ao ciclista non dubidan un instante en pasar rozando sen piedade algunha!

Aínda que cada día son máis os conductores que comprenden a indefensión do ciclista na cidade, a súa comprensión ten límites cando se ven obrigados a reducir a marcha por culpa do ciclousuario que levan diante...

¿Pero que fai ese?  ¿Por que non arrimará e deixará pasar?   Malditas bicicletas!

O que non poden comprender é que Vigo está cheo de tapas! 
De tapas de sumidoiros, de tapas de rexistros de auga, de tapas de arquetas do gas, de tapas de compañías de comunicacións como Telefónica ou R... e de rachóns no asfalto (arredor das tapas) se un ciclista colle mal unha desas trampas pode rematar no Hospital...

Cicais agora comprenda os itinerarios erráticos que dan algúns ciclistas na cidade olívica. É para non matarse, e para coidar as rodas da súa bicicleta...!

Sabemos que nunca teremos en Vigo un carril-bici en condicións, pero, alomenos, deberamos coidar o asfaltado das rúas para garantir a seguridade de todos! 

Pregúntome se o casco branco dos enxeñeiros de camiños non lles permitirá abrir os ollos para revisar os traballos das empresas de servizos que furan a cidade.

Supoño que ninguén asumiría que o parqué do seu salón tivese centos de táboas a distinto nivel -alegando a urxencia da colocación- o noso parqué (o de todos) é o asfalto das rúas que percorremos a diario.

Outros efectos colaterais debido á neglixencia dos técnicos son os ruídos insoportables cada vez que un autobús percute o tambor da tapa, convertendo Vigo na cidade que rompe os índices de ruído urbano!

Mentres unha nova xeración aprende a acelerar e facer todo o ruído posible grazas á subvención municipal as motos de 125 cc. pagan menos que un billete de bus (1,10 €)  e aparcar nas aceiras entrando e saíndo delas sen escrúpulo algún!

O Alcalde, algunha responsabilidade terá neste asunto...?





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Boga con dous remos...